Home

Dado o seu carácter eminentemente práctico, os resultados do proxecto terán unha aplicación inmediata mediante a súa implantación en MeteoGalicia. Servirán, tamén de maneira inmediata, para que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas cumpra coas obrigas derivadas da aplicación da directiva INSPIRE establecendo unha infraestrutura de datos espaciais de información meteorolóxica e oceanográfica.

O Proxecto MeteoSIX
Escrito por Administrator   
Venres, 06 Agosto 2010 10:58

Esta sección está obsoleta, para as últimas novidades de MeteoSIX, visite a páxina oficial de MeteoSIX en MeteoGalicia

 

NOVAS

22 de xullo de 2013

3 de setembro de 2012

25 de xullo de 2012

26 de marzo de 2012

31 de xaneiro de 2012

  • Publicada MeteoSIX Mobile para Android, aplicación para a consulta personalizada da predición numérica meteorolóxica e oceanográfica dende dispositivos Android

  • Publicada a API do MeteoSIX

 

 


 

Pretende proporcionar unha axeitada organización, xestión e difusión da información meteorolóxica e oceanográfica en Galicia co fin de permitir e promover un mellor aproveitamento da mesma en todos os seus campos de utilidade.

Desenrola tres liñas de actuación :

- A comprensión que os usuarios adquiren da información que teñen ó seu alcance (divulgación dos recursos existentes e formación dos usuarios actuais e potenciais).

- A calidade e cantidade da información (métodos de predición, número de lugares e variables de predición e de observación, elaboración de produtos derivados).

- A accesibilidade da información.

En Galicia, o organismo público encargado da información meteorolóxica e oceanográfica é MeteoGalicia, pertencente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Neste proxecto, co fin de acadar os mencionados obxectivos, preténdese dotar a MeteoGalicia e ó seu sitio web (http://meteogalicia.es/) dunha serie de funcionalidades e servizos para:

- Facilitar a consulta da información mediante un Sistema de Información Xeográfica (SIX) en web (SIX-web) que ofreza un acceso integrado a toda a información dispoñible, a través dun visor de mapas onde se poida consultar información sobre calquera lugar e variable.

- Aumentar a conectividade e interoperabilidade mediante a implantación dos formatos e protocolos de comunicación estándar propostos polo Open Geospatial Consortium, OGC (en particular polo Meteorology Domain Working Group, Meteorology DWG) e doutros protocolos xeocientíficos, e tamén mediante a ampliación da información adaptada para dispositivos móbiles.


- Permitir a obtención de información personalizada, adaptada ós intereses de cada usuario (permitíndolles, por exemplo, seleccionar que información e que avisos queren recibir automaticamente na súa conta de correo).

- Axustar a información ós requirimentos e habilidades dos usuarios adaptando a interface de usuario en función do perfil que seleccione.

- Aumentar a cantidade de información directamente dispoñible para o p úblico sen necesidade de intermediación.

- Permitir a produción de nova información meteorolóxica derivada da información xa producida actualmente por MeteoGalicia; por exemplo, elaboración de mapas climatolóxicos a partir de medias de datos históricos existentes ou validación das predicións mediante a súa comparación a posteriori cos valores rexistrados polos sensores.

- Mellorar os procedementos internos de MeteoGalicia aumentando a automatización de determinadas tarefas (predición operativa e xestión da pu blicación das predicións numéricas).

 

Última actualizaciónfeita en Xoves, 10 Xullo 2014 08:14