Obxectivos do Proxecto |
Escrito por Administrator |
Venres, 06 Agosto 2010 12:31 |
O obxectivo global é favorecer e promover a axeitada xestión, difusión e aproveitamento da información meteorolóxica e oceanográfica en Galicia por todo tipo de usuarios: cidadáns, investigadores, científicos, empresas e profesionais para os que a meteoroloxía sexa un factor relevante. Isto acadarase creando un SIX fundamentado na análise das aplicacións e adaptacións dos estándares OGC a datos metereolóxicos e tradúcese nos seguintes obxectivos concretos: 1. Desenvolvemento dunha IDE de información meteorolóxica e oceanográfica: A IDE estará formada por compoñentes das tres capas da arquitectura proposta polo OGC e incluirá servizos non OGC: OpeNDAP (para descarga en bruto de datos almacenados en formatos do Common Data Model, CDM) e NetCDF subset (para descarga de recortes espacio-temporais). A adaptación dos protocolos OGC ás necesidades da información meteorolóxica é un proceso aínda en marcha. Este proxecto enmarcarase nesa liña de traballo e un obxectivo importante será o seguimento e participación no Meteorology DWG e nos proxectos relacionados. A IDE ofrecerá o seguinte: - Servidor de observacións: dará acceso ás observacións rexistradas polos distintos tipos de sensores. Implementará os estándares SOS e SAS. - Servidor de xeodatos: dará acceso ás coberturas e ás entidades con información meteorolóxica. Implementará as interfaces WFS, WCS, OPeNDAP e NetCDF subset. - Servidor de xeoprocesos: dará acceso a funcionalidades de procesamento de datos meteorolóxicos dispoñibles na IDE. Implementará a interface WPS. - Servidor de Mapas: permitirá a xeración de mapas xeorreferenciados cos distintos tipos de información do sistema. Implementará a interface WMS. - Catálogo: dará acceso ós metadatos sobre a información servizos dispoñible na IDE. Implementará o estándar CS-W. 2. Desenvolvemento dun xeoportal web que permita o acceso integrado á información meteorolóxica e oceanográfica de MeteoGalicia: - Visor de mapas que permita: * Visualización xeorreferenciada dos diferentes mapas de predición operativa (xeral, marítima, por localidades, medio prazo). * Localización das estacións de observación e consulta dos valores actuais, incluíndo a de detección de raios. * Acceso ós datos de predición numérica con tres niveis de complexidade: - Básico: pódese premer sobre calquera punto do mapa e obter un resumo das "mellores" predicións numéricas para ese punto concreto. - Medio: pódese consultar cales son os modelos numéricos dispoñibles e ver os valores das predicións de cada modelo para cada lugar e data. - Avanzado: pódense visualizar os mapas de predición numérica xeorreferenciados e seleccionar o modelo, variable e instante temporal de interese. Permitirá a visualizac ión a modo de animación das predicións para instantes temporais sucesivos. - Rexistro de usuarios tal que cada usuario poida: * Establecer lugares e variables do seu interese: cando inicie sesión verá automaticamente os datos para eses lugares de forma numérica e gráfica. * Subscribirse para recibir automaticamente por e-mail a información do seu interese e alertas cando as variables que seleccione superen certos umbrais. - Versión da aplicación para dispositivos móbiles coas funcionalidades máis importantes. 3. Implementación de aplicacións de xestión interna: - Aplicación para auxiliar na creación de mapas de predición operativa que permita máis automatización na súa creación e a súa xeorreferenciación. Debe facilitar a súa construción mediante un sistema de capas tal que os datos das capas máis xenéricas se herden polas máis específicas dependendo da rexión de influencia dos datos e evitando repeticións na inserción de datos asociados a unha mesma rexión. A xeorreferenciación dos mapas facilitará, por exemplo, ós medios de comunicación dixitais a súa integración e visualización conxunta con outras capas de información. - Sistema de xestión das predicións numéricas que facilite o control do paso de datos dos servidores de cálculo ós de publicación e envíe alertas en caso de fallo. - Control da execución dos xeoprocesos implementados. 4. Validación, probas e control da calidade do sistema e implantación dos compoñentes en nodos de MeteoGalicia e do CESGA. |
Última actualizaciónfeita en Luns, 14 Febreiro 2011 13:06 |