| API para consulta de datos de predición numérica |
| Escrito por Administrator |
| Xoves, 12 Xaneiro 2012 14:34 |
|
A API do MeteoSIX é un servizo web que da acceso aos resultados dos distintos modelos de predición numérica executados diariamente por MeteoGalicia. O obxectivo desta API é facilitar a consulta da grande cantidade de información de predición meteorolóxica e oceanográfica existente presentándoa dun xeito estruturado e ordenado. A API pode ser útil tanto para aqueles que desexen desenvolver aplicacións meteorolóxicas a medida usando estes datos, como para usuarios finais que precisen a información para distintos tipos de análises e procesamentos. É aconsellable consultar o manual de usuario da API do MeteoSIX (tamén en castelán) antes de utilizala. Neste documento descríbese o seu funcionamento con exemplos incluídos. A API é pública e o seu uso é gratuíto. Para usala debe solicitarse unha clave de usuario enviando un correo electrónico co asunto “Solicitude de clave” ao enderezo:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Esta clave queda ligada ao enderezo de correo electrónico dende o que se fixo a solicitude e debe ser incluída en todas as peticións que se fagan. As consultas á API fanse mediante peticións HTTP GET ou POST e os resultados poden devolverse en varios formatos (GeoJSON, GML, KML, HTML ou XML). Existen dous tipos de peticións: Petición findPlaces: permite buscar lugares polo seu nome. Esta operación é útil, por exemplo, se se ten intención de desenvolver unha aplicación que permita ao usuario buscar entidades xeográficas introducindo o seu nome nun campo de texto. Os resultados inclúen a posición e un identificador de cada lugar atopado. Por exemplo, unha petición do tipo
http://www.meteogalicia.es/meteosix-api/findPlaces?location=santi&API_KEY=****
devolvería {
"type": "FeatureCollection",
"crs": {
"type": "name",
"properties": {
"name": "urn:ogc:def:crs:OGC:1.3:CRS84"
}
},
"features": [
{
"type": "Feature",
"geometry": {
"type": "Point",
"coordinates": [
-8.5434,
42.88187
]
},
"properties": {
"id": "71938",
"name": "Santiago de Compostela"
"municipality": "SANTIAGO DE COMPOSTELA",
"province": "A Coruña",
"type": "eesspp"
}
},
{
"type": "Feature",
"geometry": {
"type": "Point",
"coordinates": [
-7.59353,
43.66314
]
},
"properties": {
"id": "71950",
"name": "Viveiro (Santa María e Santiago)",
"municipality": "VIVEIRO",
"province": "Lugo",
"type": "eesspp"
}
.....
Peticicións getWeatherInfo: permite obter a predición numérica para un lugar determinado. O lugar pódese indicar mediante as súas coordenadas ou mediante o identificador obtido nunha petición do tipo findPlaces. Por exemplo, a petición
http://www.meteogalicia.es/meteosix-api/getWeatherInfo?&lonlat=-7.5342,44.1222&API_KEY=****
devolvería
As variables que se poden consultar a través da API son as seguintes:
*: só en puntos sobre o mar Os modelos de predición numérica execútanse dúas veces ao día, e dependendo do modelo, cada execución proporciona datos de predición para 72, 84 ou 96 horas a partires da hora na que se comezan a executar. Ademais, cada modelo execútase sobre varias mallas de distintas resolucións, co cal existen distintas predicións para unha mesma variable. Todos estes datos son accesibles a través da API dun xeito estruturado e sinxelo. |
| Última actualizaciónfeita en Mércores, 25 Xaneiro 2012 10:00 |



API do MeteoSIX