Home MeteoSIX Mobile

Dado o seu carácter eminentemente práctico, os resultados do proxecto terán unha aplicación inmediata mediante a súa implantación en MeteoGalicia. Servirán, tamén de maneira inmediata, para que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas cumpra coas obrigas derivadas da aplicación da directiva INSPIRE establecendo unha infraestrutura de datos espaciais de información meteorolóxica e oceanográfica.

MeteoSIX para dispositivos móbiles
Escrito por Administrator   
Venres, 13 Xaneiro 2012 09:35
Esta sección está obsoleta, para as últimas novidades de MeteoSIX Mobile, visite a páxina oficial de MeteoSIX en MeteoGalicia

 

MeteoGalicia, conxuntamente co Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC, o Laboratorio de Sistemas da USC e o CESGA publica un sistema de acceso xeorreferenciado á predición numérica, tanto meteorolóxica como oceanográfica e unha aplicación para dispositivos móbiles, MeteoSIX Mobile, que permitirá a personalización do acceso a ditas predicións. Así, os usuarios poderán confeccionar dende o seus dispositivos móbiles predicións para calquera lugar de Galicia á medida das súas necesidades.

MeteoSIX Mobile está dispoñible para o sistema operativo Android e para iOS (iPhone). A aplicación pode usarse en tres idiomas (galego, castelán e inglés) seleccionables a través do menú. Os datos obtéñense a través da API do MeteoSIX e proceden directamente dos resultados dos programas informáticos de predición numérica de MeteoGalicia, sen supervisión humana. Pode atoparse máis información na guía de axuda que inclúe o propio programa.

Para Android a aplicación está dispoñible de balde en Google Play e tamén se pode descargar directamente o arquivo .apk.

Para iOS (sistema operativo móbil de Apple) a aplicación está dispoñible de balde no App Store.

Última actualizaciónfeita en Luns, 28 Outubro 2013 14:05